José López Campos
@lopezcamposgal
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
A carballeira de Santa Lucía volveu converterse nun templo da gastronomía galega. Un pracer compartir en Moraña unha tradición que é Galicia en estado puro: carneiro ao espeto, mesa compartida e identidade viva #GaliciaCalidade
Curtis viaxa ata 1900 acompañado dos asubíos das locomotoras que comezaron a chegar a esta vila a finais do século pasado É unha grande honra e unha responsabilidade dar hoxe o pregón que da comezo a dous días de celebración. Por moitas máis edicións de Curtis na Lembranza!




Ademais de celebrar o Día de Galicia e do Apóstolo, é unha honra tamén lembrar hoxe a Rosalía coa tradicional misa e ofrenda floral Agradecido por acompañar as institucións culturais e mesmo centros galegos do exterior na homenaxe no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres




Hoxe é unha data para celebrar a nosa terra, a nosa fala e todo o que somos como pobo É unha honra poder facelo rodeado dun equipo coma este. Feliz #DíadeGalicia!




Hoxe tiven a honra de representar a S.M. o Rei na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Galicia é exemplo de fe, identidade e compromiso co ben común. Reivindicamos os valores que nos definen como pobo para seguir construíndo unha Galicia unida e con futuro
🌄 Este 25 de xullo celebramos todo o que nos fai galegos e galegas 💙 Feliz Día de Galicia!
Neste 25 de xullo celebramos a Galicia que somos e, sobre todo, a que estamos construíndo. Un país con forza propia, que fala cos feitos e avanza con confianza, talento e sentidiño. Iso é Galicia Calidade. Feliz Día de Galicia a todas e a todos!
Como é costume nas vésperas do Día de Galicia, hoxe reunímonos no Consorcio de Santiago, onde ratificamos o compromiso orzamentario con esta entidade Mantemos así a senda iniciada no ano 2023, cando acordamos incrementar a nosa achega en 300.000€ durante o trienio 2024-2026


🗣️ “A unidade tradúcese sempre en progreso. Galicia e o Norte de Portugal son un dos maiores casos de éxito europeo.” @AlfonsoRuedaGal na entrega das #MedallasDeGalicia
🎖️ As Medallas de Galicia recoñecen este ano o labor de dúas persoas que souberon construír pontes entre Galicia e Portugal 🔗 Ricardo Rio e Rui Moreira, símbolos dunha cooperación que achega pobos, economías e culturas #MedallasDeGalicia
🎖️ Galicia entrega hoxe a súa máxima distinción institucional @AlfonsoRuedaGal fará entrega das Medallas de Galicia a Ricardo Rio e a Rui Moreira, alcaldes de Braga e Porto, polo seu compromiso cos valores que unen Galicia e o norte de Portugal #MedallasDeGalicia
Fai 40 anos, a TVG acendía por primeira vez os seus focos para converterse en parte da nosa identidade Hoxe, os nosos recordos van ligados a este medio público que suma xa catro décadas de historia e que seguro continuará como motor da nosa lingua e cultura. Parabéns!




A nosa implicación coas administracións locais no impulso das infraestruturas culturais lévanos desta vez a Abegondo, onde contribuiremos coa posta en marcha do Pazo da Cultura Os Loureiros Farémolo coa próxima sinatura dun convenio co que achegamos 200.000€ para equipamento




O Teatro Cine Fraga está máis preto de ser unha realidade cos novos pasos que estamos a dar, en coordinación coa Deputación de Pontevedra Hoxe avanzamos co equipo do arquitecto César Portela na futura obra, coa previsión de rematar os pregos de contratación a vindeira semana

Hoxe, desde a Fervenza do Toxa en Silleda, celebramos o Día de Galicia cunha mensaxe clara: apostamos por unha Galicia do SI, con forza, orgullo e mirada ao futuro. Fronte ao bloqueo, ofrecemos traballo, diálogo e compromiso real coa xente
Abrimos unha caixa virtual para recoller achegas sobre o Plan xeral de normalización da lingua galega Volvemos amosar a nosa vontade de escoita coa posta en marcha no Portal da Lingua dunha canle para as persoas que desexen enviar as súas ideas ➡️ docs.google.com/forms/d/e/1FAI…

Avanzamos na actualización do Plan xeral de normalización da lingua involucrando á cidadanía, que desde mañá poderá enviar propostas a través dunha caixa virtual Así o anunciamos na reunión coas 11 comisións que traballan nesta renovación. Anímovos a formar parte do proceso!



Novas medidas para o impulso da cultura no #ConselloXunta 🔹 Volve #TerritorioCultura con 300.000€ para novos proxectos que incrementen a oferta fóra das cidades 🔹 Un ano máis, contribuímos a consolidar o Ourense Film Festival como referencia do audiovisual galego


O Museo Carlos Maside e a súa colección de arte xa son Ben de Interese Cultural! O recoñecemento, aprobado hoxe no #ConselloXunta, responde ao seu valor arquitectónico e artístico para a historia de Galicia

🔵 @AlfonsoRuedaGal preside a reunión semanal do Goberno galego 📷 A continuación poderás coñecer os principais asuntos aprobados #ConselloXunta