Universidade da Coruña
@UDC_gal
En constante movemento
📢A partir de mañá sábado, día 1 de febreiro, a #UDC suspenderá a actividade oficial en X. A alternativa de microblogging que utilizaremos desde agora será #Bluesky, a través da nosa conta oficial bsky.app/profile/udc.gal. 🔗 Máis info: bit.ly/UDCBlue

📅A #UDC acollerá do 3-7/2 o II Simposio Galaico-Brasileiro que reunirá a docentes, persoal investigador e estudantado para reflexionar sobre os retos do dereito á cidade en Galicia. 🔗 +info: bit.ly/IISGB

✨Os alumnos Diego Pérez, Irene Rodiles, Lydia Fernández, Gabriel Pita e Clara Ventura, estudantes do Grao en Relacións Internacionais e do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos gañan o Hackaton sobre finanzas personais sostibles da UDC👏🏻. +info: bit.ly/PrHackCIF

📢📅O @CdeLinguas_udc desenvolverá desde o próximo luns, día 3 de febreiro, os cursos de galego dirixidos a membros da carreira e escola xudicial, froito dun convenio de colaboración entre a #UDC e o Consejo General del Poder Judicial #CGPJ. 🔗+info: bit.ly/CursoCGPJ

🧪🥼A UDC e os @mc2coruna organizan mañá no Aquarium Finisterrae a Feira Científica Isabel Zendal, con 14 talleres divulgativos impartidos por profesorado e alumnado da UDC. 🎟️Entrada ao aquarium gratuíta, con reserva previa. 🔗+info: bit.ly/FIsZen25

O SUGxPalestina organiza un club de lectura o vindeiro 13/3, en formato online, por grupo de Telegram e videochamada. 📘Título:O azul entre o ceo e auga ✍🏽Autora: Susan Abulhawa 🛰️ Tradutora: Rocío Viéitez Ferro 📚Editora: @laiovento 🔗Inscríbete aquí: bit.ly/CLSUGXPAL

A UDC aprobou en Consello de Goberno a proposta de prazas de grao e máster para o curso 25/26, que será enviada á @Xunta para visto e prace. Outros puntos que se trataron foron o cese da actividade en X e o expediente de desafectación de Serantes . 🔗bit.ly/CG30Xan

📢 Xa está aberto o prazo de inscrición para os obradoirs culturais do 2ºcuadrimestre en @istoenormal e o Centro Cultural Universitario do @ciferrol. 📆 Podes anotarte ata o 10 de febreiro✍🏻. +info: bit.ly/Normal2ct #ComunidadeUDC #obradoirosculturaUDC #obradoirosNORMAL

A Ciencias da Educación celebrou unha feira de tecnoloxía inclusiva á que asistiron uns 30 usuarios e equipos profesionais de @Aspanaes, dedicada á atención de persoas con TEA. O Estudantado do Máster en Profesorado expuxo os seus proxectos orientados a crear aulas inclusivas🫂.

O profesor do Depto. de Enxeñaría Naval e Industrial da #UDC Raúl Villa Claro fálanos neste artigo publicado en @Conversation_E das enerxías renovables mariñas, un dos recursos enerxéticos máis potentes do mundo. 🔗Podes consultar aquí o artigo completo: bit.ly/RVCTheConv
O Club de Lectura de Socioloxía e CC. da Comunicación xa ten marcada a data para a seguinte reunión: 📅Data: mércores 19/2 ⌚Hora: 17:00 horas 📍Lugar: Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación 📖Libro: 'Hamnet' de Maggie O'Farrell 🔗Inscrición: bit.ly/4eOawE3


A Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación xa ten marcada a data para a seguinte reunión: 📅Data: mércores 19/2 ⌚Hora: 17:00 horas 📍Lugar: Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación 📖Libro: 'Hamnet' de Maggie O'Farrell 🔗Inscrición: bit.ly/4eOawE3


A vicerreitora de Igualdade e Diversidade Cristina López reuniuse esta mañá coa responsable da Área de Igualdade da @Depucoruna, Soledad Agra, para tratar a problemática actual do galego e explorar iniciativas que se poderían desenvolver desde a #UDC sobre este asunto.


A alumna da Facultade de @DerechoUDC Ana Torres interveu ante o Parlamento Europeo como consecuencia dunha actividade práctica da materia Dereito da Unión Europea para presentar unha petición que trate de acelerar a chegada das axudas europeas ás persoas afectadas pola DANA.

Esta mañá o reitor, Ricardo Cao, e a adxunta para a Coordinación e Relacións Institucionais, Mariló Candedo, reuníronse con representantes da Asociación Galaico-Árabe Jenin co obxectivo de abrir novas vías de colaboración con universidades palestinas.


#CIFaoDía A Facultade de Humanidades e Documentación acolle estes días un hackathon sobre finanzas persoais sostibles organizado no marco do Proxecto Europeo Eramus+ ImpactFinance e no que participan máis de 40 estudantes de grao e de máster da UDC @UDC_gal @FacultadeHeD
📆Este venres 31/1 ás 17:30 h, a Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá unha charla do colectivo #GGDevs sobre game design nun novo DevBites. Totalmente gratis!!!💶 Anímate a asistir!🏃🏻♀️🏃🏻♂️

👩🏻⚖️🧑🏻⚖️Arrancan en @DerechoUDC os xuízos simulados do curso de responsabilidade civil "Veredicto Exemplar". ⚖️Esta formación, organizada pola @CatedraFI_UDC, traerá á sala de vistas de Dereito 3 días de formación para profesionais da maxistratura, a avogacía e aseguradoras.




A UDC contribúe a superar o reto de 10.000 doazóns de Sangue polo Día das Universidades Saudables! 🎉 A #REUPS acaba de comunicar cifra de doazóns efectivas nesta edición, 17.936 nas 32 universidades participantes, podendo salvar máis de 53.500 vidas. ✅ Reto Superado!👏

O Grupo Integrado de Enxeñaría da #UDC (@gii_udc), integrado no @CITENI_UDC e o @citicresearch, desenvolve 3 proxectos internacionais que impulsan a eólica mariña cun orzamento superior aos 7 millóns de euros. 🔗+info: bit.ly/GIIEM #InvestigaciónUDC #UDCResearch #GII



