GCiencia
@GC_GCiencia
Xornalismo + divulgación. Premio Prisma ao Mellor Medio de Divulgación de España. Premio da Crítica de Galicia. http://instagram.com/gciencia_/
GCiencia está de celebración. Xa somos 40.000 en Instagram! 🥳 Facemos un repaso da nosa traxectoria 👉 goo.su/XzONoq
🎒 O "postureo" xa existía na Idade Media? Investigadoras da @UniversidadeUSC revelan como algúns peregrinos medievais buscaban prestixio máis alá da devoción relixiosa.👇🏽 gciencia.com/tribuna/postur…
⬛️ O amiloide é un elemento moi estudado na evolución do alzhéimer. Agora, un estudo apunta á vinculación do NRP1 na aparición de placas similares en retinas de persoas que sufriron a covid 👇 gciencia.com/saude/a-covid-…
🦟 O mosquito tigre conta con 39 casos detectados este verán entre Vigo e o Morrazo. A súa expansión preocupa polo risco sanitario gciencia.com/medioambiental…
🖋️A RAG propuxo a Castelao como membro... pero el non o sabía, como deixa patente nunha carta. Este e outros documentos foron publicados dixitalmente pola institución no aniversario do seu ingreso👇 gciencia.com/retro/o-manusc…
🔬 Científicos do CiMUS (USC) descobren un novo mecanismo que estabiliza a proteína p14ARF, clave na loita contra o cancro. 💊 Un fármaco experimental potencia este efecto, abrindo novas vías terapéuticas, aínda que se precisa máis investigación. gciencia.com/saude/novo-mec…
🐳Unha familia estaba realizando unhas actividades programadas de pesca e... atoparon unha balea. Non unha calquera: un rorcual común, unha especie en perigo e o segundo animal máis grande do planeta👇 gciencia.com/fotonautas/a-i…
🧬Dous novos estudos revolucionan a comprensión sobre o xenoma humano. Estas investigacións poden ser a base de novas terapias e diagnósticos👇 gciencia.com/investigacion/…
🇺🇳Aos tradutores da ONU custoulles algo máis explicar a palabra 'batea'. Pero para iso estaban as estudantes da ESO Ainhoa, Alba, Ángela e Jimena, xunto coa súa profesora Rocío, falándolles dun innovador sistema para contaminar menos👇 gciencia.com/perspectivas/c…
🐦O proxecto NORAVES está a descubrir os movementos das aves mariñas galegas para protexelas e garantir a súa convivencia coa pesca 🎣 gciencia.com/medioambiental…
🖼️ A saída de obras de arte do seu contexto orixinal pon en risco a preservación da memoria histórica dos pobos. Sobre isto escribe a investigadora María Elvira Lezcano González, da @UDC_gal, no seu artigo en @Conversation_E gciencia.com/tribuna/arte-f…
🌊Os campos de esponxas forman ecosistemas que xogan un papel fundamental nos hábitats do océano. Porén, a súa situación é, segundo un estudo, preocupante👇 gciencia.com/medioambiental…
⛏️A mina de Doade é un proxecto que pasa máis desapercibido porque ten menos impacto que outras, como as planificadas en Touro e en Corcoesto. Porén, tamén ten consecuencias ambientais. Especialmente, nas augas👇 gciencia.com/medioambiental…
📍Comeza a campaña número 14 no xacemento de Armea en Allariz. Un equipo da Universidade de Vigo estudará as dúas domus do complexo. gciencia.com/universidade-g…
⏱️Se rematas o día pensando que hoxe pasou máis rápido do normal, estarás no certo. A xornada durará 1,34 milisegundos menos, unha tendencia cada vez máis frecuente👇 gciencia.com/medioambiental…
💥 Un novo proxecto do CSIC combina radioterapia, hipertermia e nanopartículas para loitar contra o cancro de páncreas, un dos máis difíciles de tratar. gciencia.com/saude/combinac…
🦞A sobreexplotación provocou que a lagosta estea baixo mínimos. A falta de medidas máis restritivas, especialmente desde finais do século XIX, rematou cun colapso durante os anos 80👇 gciencia.com/medioambiental…
🔬Algoritmos con intelixencia artificial que axudan a ser máis precisos no diagnóstico do cancro oral. E a chave detrás deses datos, a saliva👇 gciencia.com/investigacion/…
💬 O Proxecto Nós da @UniversidadeUSC para impulsar o uso do galego na intelixencia artificial dá un paso adiante coa recollida de fala espontánea e dialectal. gciencia.com/universidade-g…
💤 As mulleres precisan máis sono que os homes? A ciencia di que si, un pouco, pero non é só polo cansancio físico. A psicóloga clínica Amelia Scott explica os motivos neste artigo de @Conversation_E. gciencia.com/tribuna/muller…
⛅️Temperaturas moderadas e chuvascos illados antes de que volva a calor. A partir do día de Galicia, os termómetros volverán a achegarse e mesmo superar os 30 graos👇 gciencia.com/ceos/unha-nova…