Deputación da Coruña
@Depucoruna
Conta oficial de X da Deputación da #Coruña. Queremos chegar a cada Concello, estar con cada persoa
📣 O 2º Maratón de Galeguidades vai chegando ao seu fin. 🎬 Agora é turno do cinema, así que, se non queres perder nada, pincha aquí 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

🇵🇹 Galicia e Portugal comparten moitos lazos sociais, culturais, e, por suposto, idiomáticos. Se che interesa esta mesa rendonda, podes escoitala pinchando aquí 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

✍️ Agora é o turno de reflexionar sobre a literatura galega! 👥 Na mesa de debate estarán Marga Tojo, Sara Guerrero, Susana González Lago e Suso de Toro. Entra pinchando aquí 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

#FelizLuns ⛅ Seguimos baixo influencia das altas presións, polo que haberá máis nubes na metade norte que irán desaparecendo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés. @MeteoGalicia

🛶 Na tarde de onte tivo lugar a III Regata Miño, que forma parte do IV Circuíto @depucoruna de Piragüismo en Augas Tranquilas. 🎖️ O deputado de Deportes, @AntonioLeiraP, participou, xunto co alcalde e o concelleiro de Deportes da localidade, na entrega de premios.




#FelizDomingo 🌤️ Hoxe haberá máis nubes na metade norte, sen descartar algún orballo no litoral. Pola tarde, ceo despexado agás no litoral norte. As temperaturas quedarán sen cambios significativos e os ventos soprarán frouxos de compoñente norte. @MeteoGalicia

#FelizSábado ☀️ O ceo permanecerá pouco nubrado ou despexado con bancos de néboa no interior. Posibilidade de brétemas costeiras ó final do día no norte. As temperaturas mínimas sen demasiados cambios na metade sur, e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. @MeteoGalicia

🌾 A @Depucoruna aprobou o lanzamento do programa Conecta Rural, orientado a mellorar a capacitación dixital en zonas envellecidas e despoboadas da provincia. 🤝 Cun investimento de 750.000 euros, formará a máis de 3.200 persoas de colectivos vulnerables. acorunaxa.com/es/news/la-dip…
🤝 Aprobado o convenio de colaboración para apoiar ao pobo ucraíno pola crise humanitaria que segue provocando a guerra. 👉 A @Depucoruna destinará 100.000 euros á adquisición de equipamento médico esencial para o Centro Rexional de Sangue de Odessa. lavozdegalicia.es/noticia/coruna…
💙 Día de Galicia! ✨ Desde a @Depucoruna énchenos de orgullo formar parte dunha terra cunha cultura tan rica e cunha lingua propia. 🙌 Feliz 25 de xullo galegas e galegos.

#FelizVenres 🌤 Agárdanse ceos despexados en xeral, con intervalos de nubes baixas no terzo norte nas primeiras horas. As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, con intervalos fortes no noroeste. @MeteoGalicia

🤍💙🤍 O 2º Maratón de Galeguidades, organizado pola @Depucoruna e o @IGADI_info, conectou á Galicia exterior en 25 países do mundo. 🗣 @ValentinFormoso salientou o "vínculo emocional" e anunciou novos proxectos culturais en Arxentina e Uruguai. ℹ dacoruna.gal/novas/ficha-no…

🤍💙🤍 E para poñer punto e final a este 2º Maratón de Galeguidades, falamos do Ano Castelao. Grazas a todos e todas os que dedicastes o voso tempo en acompañarnos nesta marabillosa xornada, que aínda non rematou, así que entra para a última charla 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

🎨 Como non iamos falar de cultura e arte⁉️ 👥 Na penúltima mesa contaremos con Arianna Savio, Breogán Xague e Melissa Caramés Asorey! Se aínda non entraches, a que agardas 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

⚽ O deporte, en Galicia, xógase en galego! 🗣 Agora debatemos sobre deporte e fútbol no Maratón de Galeguidades! 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

🔬 En Galicia contamos con algúns dos científicos máis reputados nas súas áreas de investigación. 👥 No Maratón de Galeguidades contamos con Ana López Malvar, Joaquín Lado e Xesús Abalo para divulgar ciencia en galego. Presta atención a esta ponencia 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

👉 A @Depucoruna apoia os actos da recreación histórica do desembarco de Rodrigo de Luna en Corcubión. 🤝 O pleno provincial aprobou hoxe o convenio de colaboración co @corcubiongal para celebrar este evento cultural e turístico. ℹ dacoruna.gal/novas/ficha-no…

💻 A @Depucoruna aproba o programa Conecta Rural para combater a fenda dixital. 👉 Ten como obxectivo formar en competenciais dixitais a máis de 3.200 persoas de 69 concellos da provincia. ℹ️ dacoruna.gal/novas/ficha-no…

📖 Os estudos galegos no mundo son agora o tema de discusión no 2º Maratón de Galeguidades! Pásate polo directo 🔗 youtube.com/watch?v=EWFErH…

✅ A @Depucoruna aproba novas axudas humanitarias para Ucraína. 💼 Sae adiante un convenio de 100.000 euros con AGA Ucrania para financiar material médico no Centro Rexional de Sangue de Odesa. ℹ️ dacoruna.gal/novas/ficha-no…
