AC. Alexandre Bóveda 🛰
@ACBoveda
A ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA é un colectivo d persoas comprometidas coa lingua e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural d base
O 27/7/1921 fúndase La Zarpa, diario agrarista publicado en Ourense entre 1921 e 1936 fundado Basilio Álvarez. Levou a cabo unha intensa campaña anticaciquil e en prol da redención dos foros. Naceu con apenas 4 páxinas e acabou con 12 e unha tirada de case 5000 exemplares.

Sabías que no 1° lugar no de Castelao expón os debuxos do álbum Nós foi na Coruña? Queres coñecer as pegadas de Castelao na Coruña? Fixemos un roteiro polos lugares máis importantes da cidade ligados a #Castelao acorunhaliteraria.gal/roteiro-castel…
#DíaNacionalDeGalicia #DíaDaPatriaGalega
#DíaDeGalicia #DíaNacionalDeGalicia #DíaDaPatriaGalega
Sabías que desde 1979 no día de hoxe, 25 de xullo, celébrase de xeito oficial o DÍA #NACIONAL DE GALICIA? As IdaFala celebraron o Día da Patria desde 1920. Escolleron esta data aínda que moitos irmandiños preferían o 17/12 Portadas de ANT de 1920 a 1935: acalexandreboveda.gal/dia-da-patria/
No 1924 Castelao, cos galeguistas Otero Abelleira e García Barros, encetarían un roteiro polo Pico Sacro que repetirían en 1926 ao redor do Día da Patria Galega na que chegaron ao Pico Sacro en peregrinación desde Ourense Vicente Risco, Otero Pedrayo, Antón Sánchez e PradoLameiro

O 23 de xullo de 1935 morre aos 20 anos afogado no mar da Coruña Teodoro Morgade Varela. Con Jenaro Marinhas e outros amigos crea a Sección de Estudios Locales y Gallegos dentro do Circo de Artesáns. En 1963, as súas amizades, publican os seus poemas no folleto Cartafol.

Unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil. Nova edición con material inédito. #SyraAlonso #Diarios Hoxe chegou de imprenta.
Nestes días que andamos a voltas coa declaración BIC do Museo Carlos Maside queremos ter unha especial lembranza para Mimina porque foi a muller invisible traballando intensamente por un ideal. Podedes ler a fermosa semblanza dela na web ACoruñadasMulleres acorunhadasmulleres.gal/carmen-arias-d…
O 22/7/1863 nace Enrique Labarta Pose. Fundou e dirixiu diversas publicacións: Galicia Humorística é unha xoia polo seu deseño vangardista. O retrato de Labarta ilustrando a portada d Extracto de Literatura (1893) está considerada como a 1º foto aparecida nun medio impreso galego

Emocionan tantas voces colectivas reunidas hoxe na @ACBoveda a demandarlle á Xunta unha declaración BIC para o Museo Carlos Maside de Sada á altura do legado de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. Non imos admitir ningún intento de borrado da memoria histórica.
Dizem que Israel já domina toda a Palestina. Não concordo, acho que Israel já domina todo o resto do mundo e que unicamente a Palestina ainda resiste.
🍷📖 Presentación con sabor galego! M ércores 23 ás 19:30 h presentamos "Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega", de Xavier Castro. Acompañará ao autor o médico e gastrónomo Antonio Doce. 🍇Con cata de viños da Eco-Adega Leive (DORibeiro) acalexandreboveda.gal/event/ben-mant…
🆘 O Museo Carlos Maside pode quedar sen ser declarado BIC. O expediente caduca o 1 de agosto. 📍Reunión aberta: hoxe luns, 19.30 h, no noso local (R/Santo André 36, 1º). 💬 Participa na defensa deste espazo clave da memoria e cultura galega. #MuseoCarlosMaside #CulturaGalega
